Actualidade Warhorse acala os rumores sobre unha versión de Kingdom Come: Deliverance para Switch

Warhorse acala os rumores sobre unha versión de Kingdom Come: Deliverance para Switch

Warhorse Studios quixo acalar os rumores que falaban da existencia dunha versión para Nintendo Switch de Kingdom Come: Deliverance. O título apareceu listaxe na web xaponesa de Nintendo e Internet fixo o resto.

O director de relacións públicas do estudio, Tobi StolzZwillingexplicou na súa conta de Twitter que «malia que me prestaría moito unha versión de Kingdom Come: Deliverance para Switch, mais por desgraza non hai nada planeado nestes momentos. Estamos a investigar quen foi tan ambicioso para pensar diferente, pero por agora meh, meh, meeeh. Síntoo, mozos».

O xogo de Warhorse Studios foi publicado en febreiro de 2018 para PlayStation 4, Xbox One e PC e foi gozando dun éxito bastante curioso ao longo destes anos, con picos de interese entre a comunidade. Hai meses foi ofrecido como un dos títulos gratuítos da Epic Games Store.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.