Actualidade Watch Dogs Legion anuncia a súa data de lanzamento para as dúas xeracións

Watch Dogs Legion anuncia a súa data de lanzamento para as dúas xeracións

Co Ubisoft Forward ao virar a esquina, a compañía francesa comezou a desvelar as cartas que ten enriba da mesa. Un dos seus pratos máis fortes é a nova entrega da franquía de Watch Dogs, que nesta ocasión ambientarase na capital inglesa.

O 29 de outubro poderemos gozar en Xbox One, PS4, Stadia e PC de Watch Dogs Legion. Os primeiros en recibir o título serán os usuarios da xeración actual mentres que os sistemas Xbox darán a benvida ao xogo o 10 de novembro, coincidindo co lanzamento de Xbox Series X e Series S.

Por outra banda, os xogadores que adquiran unha versión de Xbox One ou PS4 recibirán unha mellora totalmente gratuíta para as consolas de nova xeración.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.