Watch Dogs Legion detalla os seus plans de futuro có pase de tempada
O día 29 deste mes teremos que percorrer as rúas de Londres dispostos a hackear calquera dispositivo informático que atopemos ao noso paso. Por mor da data, cada vez máis preto, Ubisoft detallou todo o contido que chegará a Watch Dogs Legion após o lanzamento do título.
Grazas á obtención do pase de tempada teremos acceso á expansión Bloodline, que traerá de volta a Aidan Pearce e a Wrench, protagonistas das anteriores entregas da franquía. Outros dous personaxes que se unirán á repartición son: Mina, unha muller que sufriu experimentos e posúe a habilidade de controlar á xente; e Darcy, o cal pode establecer lazos con outra saga mítica da compañía francesa como é a de Assassin’s Creed.
Malia que todo este contido será de pago, as actualizacións gratuítas tamén teñen o seu oco. O 3 de decembro Watch Dogs Legion recibirá a primeira, coa inclusión dun modo multixogador en liña.
Poderemos realizar misións con até 3 xogadores máis e o modo PvP consistirá en batallas entre oito xogadores. Ademais, un modo chamado Invasión, novos personaxes, misións e o solicitado New Game Plus aterrarán na capital inglesa.