Windjammers 2 fixa por fin as úa data de lanzamento para xaneiro do 2022

Anunciado no ano 2018, a espera foi ben longa, mais Windjammers 2 por fin sairá á venda. DotEmu confirmou que o 20 de xaneiro do próximo ano o título de lanzamentos de discos chegará ás tendas.
Emoción e axilidade. Unha combinación que deriva nuns partidos bastante curiosos e que sorprenderán a máis dun. Windjammers 2 é a continuación directa do seu antecesor e permitiranos controlar até a dez personaxes diferentes, incluíndo algunha que outra cara nova.
O que non cambia é a mecánica principal. Atrapar o disco, lanzalo coa maior forza posible e tratar de colocalo e introducilo na portería do campo contrario. Pero claro, este non é un deporte calquera... aquí hai habilidades únicas que fan do xogo un auténtico espectáculo.
Como boa segunda parte que se prece, os seus responsábeis melloraron o aspecto visual do xogo, as animacións e todo semella máis fluído, máis grande. O título será estreado en PlayStation 4, Xbox One, Nintendo Switch, PC e Xbox Game Pass.