Actualidade Windjammers 2, o clásico de culto de SNK, revive grazas a Dotemu

Windjammers 2, o clásico de culto de SNK, revive grazas a Dotemu

A xa prolongada colaboración entre SNK e Dotemu achega o seu primeiro proxecto orixinal a través de Windjammers 2. Anteriormente a unión de Dotemu coa veterana empresa xaponesa deu como froito unha serie de ports dos clásicos arcade máis que cuestionables, pero quizais da antiga infamia pode saír un título dunha calidade comparable ao orixinal.

A nova revisión de Windjammers 2 chegará para Steam e PS4 ao longo deste ano.

Para os que descoñezan o titulo, Windjammers trátase dun videoxogo arcade que no seu momento pasou polo mercado sen pena nin gloria. Trátase dunha especie de Pong hiperactivo e incriblemente doado de entender pasados os primeiros segundos despois de coller os andos xa que soamente precisa de dous botóns. O estilo tan claramente anticuado e extravagante mesturado cun ambiente de praia aportan un encanto sincero que transcende a satisfacción irónica das primeiras impresións dun xogador moderno. Esta xoia perdida no tempo foi recuperada grazas á revista americana Giant Bomb, ao amosar nas súas habituais sesións de xogo como Windjammers era perfecto para festas e reunións. A xogabilidade puramente arcade e o nivel de habilidade que un pode acadar outorgaron ao titulo dun favoritismo polos círculos de xogos de loita que na miña memoria soamente e rivalizado co competitivo de Catherine.

A secuela mostra moitos destes aspectos intactos aínda que quizais esaxera un tanto o estilo do orixinal creando un faux-retro do corte de Kung Fury e outros intentos de usar a estética retro para apelar á nostalxia dos mais vellos e un estilo chamativo para os mais novos. O que ata hoxe era unha promesa e un par de deseños, parece que se está a converter nunha revisión do orixinal que mantén os elementos que o fixeron digno de volver á consciencia colectiva e desta forma atraer un novo publico.

Actualmente Windjammers atopase en Ps4 a traves do recente port de Dotemu. O novo capítulo lanzarase para Steam e Ps4 nalgún momento deste 2019. Non hai nada mellor nunha xuntanza de colegas que coller o frisbee de alta velocidade e ter a man un par de refrixerios.

Artigo escrito por: Carlos L. Yunta,

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *