World of Warcraft Classic treme de éxito e desata a tolemia na forma de grandes fileiras

Así é, World of Warcraft Classic xa está dispoñible e o éxito que está a ter é algo fóra deste mundo. É posible que ti mesmo sexas un deses xogadores que tiveron que facer fronte a unha cola de miles de persoas para poder acceder, simplemente, ao xogo. Pensabas que xa reemataras de esperar? Sorpresa. Dentro do propio xogo as fileiras continúan en forma de personaxes agardando para completar misións e encargos.
When the community comes together in organisation in #WoWClassic and forms a formal queue for a rare creature kill
THIS IS GLORIOUS XD pic.twitter.com/fdWtzakob9
— UnicornHair (@UnicornHairz) August 26, 2019
All these people waiting patiently in the queue to kill the boss in #WowClassic – this is the politest thing I’ve ever seen in gaming, ever ? pic.twitter.com/03CouuSJjz
— Melui (@Farore13) August 26, 2019
E non, non creas que hai unha solución sinxela. As filas repítense en todos os servidores que Blizzard habilitou para esta máquina do tempo que é Wow Classic, e que quere levar aos xogadores a aquela versión do 2004 dun dos xogos máis populares de todos os tempos —se non o que máis, a nivel multixogador—.
Paciencia. É a mellor recomendación. Como o lanzamento acabase de producir, a maioría de usuarios elixen as mesmas áreas e misións de Azeroth para convivir, por mor disto, espérase que en canto que pasen as horas, os xogadores iranse distribuíndo cara a outros territorios.
Malia que todo xogo en liña adoita ter este tipo de problemas os primeiros días da súa chegada ao mercado, sorprende comprobar o poder que aínda ten ee posúe World of Warcraft. Esta versión da obra de Blizzard chega con algúns cambios de funcionalidade e a corrección de certos aspectos, aínda que mantén intacta a alma e os elementos do orixinal.