Xa á venda Creature in the Well, un hack & slash feito pinball

Flight School Studio fixo público o trailer de lanzamento de Creature in the Well.
Un título independente, cun belo aspecto e unha intereante proposta que camiña entre os xéneros do hack & slash e do pinball. Si, así como soa.
Anunciado en marzo deste ano, non tivemos que esperar demasiado para que se producise a súa chegada. Estará dispoñíbel en PC, Switch e Xbox One —e incluído no servizo de subscrición Xbox Game Pass—.