Xa dispoñíbel o libro do coruñés Adrián Suárez sobre Miyazaki, O pai das ánimas escuras


Portada oficial do libro publicado por Star-T Magazine Books.
Xa see atopa dispoñíbel en librerías e tendas especializadas, ademais de na páxina da editorial STAR-T MAGAZINE BOOKS, a obra asinada polo galego Adrián Suárez, O pai das almas escuras: Hidetaka Miyazaki a través da súa obra. Trátase dun traballo de minuciosa e pasional documentación sobre a figura do creador de títulos tan relevantes como Dark Souls, Bloodborne ou Sekiro, pero sen deixar de lado outras creacións como Déraciné.
Adrián Suárez,redactor en Mundogamers, coordinador do máster de videoxogos EBF na Coruña , e tamén coautor de Sobre Mario: De fontaneiro a lenda, presenta ao mundo un libro de 404 páxinas; onde trata de diseccionar o estilo, as influencias e a arte de seu que o autor xaponés transmite nas súas obras. Se coñeces o MGPodcast saberás do profundo e vasto coñecemento do coruñés sobre Miyazaki, agora plasmado en papel.
O pai das ánimas escuras: Hidetaka Miyazaki a través da súa obra conta, ademais, cun prólogo asinado por Alejandro Pascual, redactor en 3DJuegos e participante do podcast O Nexo. Es fan do lendario director? Pois sobran os motivos para adquirir este novo libro sobre a súa vida e obra.