Xa dispoñible a beta aberta de The Division 2

Xa dispoñible a beta aberta de The Division 2

Ubisoft vén de abrir, oficialmente, as portas da beta de Tom Clancy’s The Division 2. Un adianto xogable, dispoñible para PlayStation 4, Xbox One e PC.

Esta beta, á que poderá acceder nun principio todo o mundo, inclúe misións da trama narrativa e algunhas posteriores á campaña principal. Está dispoñible dende hoxe, 1 de marzo, e rematará o vindeiro luns día 4 de marzo, podendo xogarse tanto en solitario como en cooperativo. Tres días para comprobar a evolución que experimentou esta franquía dende a estrea do seu primeiro capítulo hai xusto agora tres anos.

Para conseguir acceso podes rexistrar a túa petición aquí e así comprobar de primeira man as mecánicas, a xogabilidade e o apartado gráfico dun dos lanzamentos máis destacados dun mes de marzo que promete emocións, con Devil May Cry 5 e Sekiro: Shadows Die Twice xa no horizonte. A versión completa sairá o 15 de marzo.

O contido que inclúe a beta aberta de The Division 2, segundo o transmitido pola propia Ubisoft, é o seguinte:

  • Tres misións principais
  • Algunhas misións de mundo aberto
  • Unha zona escura e de conflito
  • Parte do engdame

A beta pode gozarse tanto só como en compañía.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados