Actualidade Xa é posible adquirir a oferta Xbox All Access e mercar a prazos unha Xbox X|S

Xa é posible adquirir a oferta Xbox All Access e mercar a prazos unha Xbox X|S

Se estabas a pensar en adquirir unha das novas consolas de Microsoft, é posible que che interese Xbox All Access. A compañía de Redmond anunciou que esta ‘oferta’ xa está dispoñible nestas terras. Que inclúe? Na práctica é un programa de financiamento no que adquires unha consola de nova xeración Xbox Series X|S e unha subscrición de dous anos ao servizo Xbox Game Pass Ultimate.

Custa 32,99 euros ao mes se optas por unha consola Xbox Series X, ou 24,99 euros ao mes se o fas por unha Xbox Series S; nos dous casos os pagos mensuais, cun 0 % TAE de interese, terán que ser abonados durante dous anos (24 meses).

En España, o Xbox All Access está a xestionarse como unha colaboración entre Microsoft, Game (como distribuidora) e CaixaBank (como financiadora). Na a páxina web oficial de Game aparece toda a información que precisas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.