Xa podes descargar de balde o Ratchet and Clank de PS4 e quedar con el para sempre

Xa podes descargar de balde o Ratchet and Clank de PS4 e quedar con el para sempre

Desde hoxe, e até o 31 de marzo, podes descargar por cero euros o Ratchet & Clank de PS4 na túa consola e quedar con el para sempre. Non hai letra pequena: non precisas conta en PS Plus e tampouco estarás limitado a xogalo nun período de tempo determinado.

Este movemento altruísta de Sony atópase dentro da iniciativa Play at Home, que xa o ano pasado regalou Uncharted: The Nathan Drake Collection e Journey. Agora, a marca xaponesa promete catro meses de ofertas e agasallos. O primeiro xa sabemos cal é.

Trátase dun título a cabalo entre o remake e o reboot, que coincidiu no seu día coa estrea da película homónima. Sexa como for, é unha obra de plataformas máis que notable, polo que a súa adquisición é case unha obriga  para calquera usuario.

Doutra banda, a elección do xogo semella que tamén encaixa coa promoción da súa continuación, que verá a luz o próximo 11 de xuño co nome de Ratchet & Clank: Unha dimensión aparte.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados