Actualidade Xa podes reservar os alcumes dos teus personaxes en World of Warcraft Classic

Xa podes reservar os alcumes dos teus personaxes en World of Warcraft Classic

Todos sabemos da dificultade que é, nalgúns xogos, poder gozar da aventura cun nome feito e dereito. Nada de Elfo99 ou _ Matatrasgos_, non. A aventura perde. Por iso, Blizzard vén de anunciar a través dun comunicado oficial que desde este martes queda aberta a reserva de nomes de personaxe para World of Warcraft Classic.

Se queres facer esa viaxe cara á nostalxia, pero agora cun nome novo —ou quizais co que lucías outrora— estás perante a oportunidade perfecta. Ora ben, non te durmas que estas cousas van rápidas e sen pausa.

Para reservar os nomes desexados tan só precisas dunha subscrición activa ou tempo de xogo na túa conta de World of Warcraft. Logo poderás crear até tres personaxes, antes do seu lanzamento, o vindeiro luns, 26 de agosto.

É certo que esta é unha viaxe na que a compañía sempre é ben recibida, por iso Blizzard está a habilitar os seus foros para que te podias reunir cos teus vellos compañeiros de batalla, fieis á súa irmandade, polo que quizais logres recoñecer algún amigo perdido e retroceder de verdade até o ano 2005.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *