Actualidade Xa podes xogar a máis de 2.500 xogos de MS-DOS dende Internet Archive

Xa podes xogar a máis de 2.500 xogos de MS-DOS dende Internet Archive

Internet Archive, unha biblioteca dixital sen ánimo de lucro, xa conta no seu catálogo con novas incorporacións. Máis de 2.500 xogos de MS-DOS uníronse ao arquivo desta páxina web, con membros tan ilustres como Mortal Kombat ou DOOM. Grazas ao servizo que realiza esta plataforma podemos gozar de lendarios títulos de xeito totalmente gratuíto dende os nosos navegadores web.

Ao ser un sistema que emula os videoxogos que son engadidos, a lista de xoias de outrora é moi longa. Obras como  Alone in the Dark, Shadow Warrior, Duke Nukem 3D, Redneck Rampage, entre moitos outros, xa están dispoñibéis de balde para todo aquel que queira rememorar vellos tempos ou coñecer grandes títulos da industria.

Amais disto, Internet Archive conta cun repertorio maior de sistemas na súa páxina web, como Atari, ZX Spectrum ou Apple II.

Xa se podes gozar das ducias de demos en DOOM a través desta iniciativa.

Mesmo aqueles que non estean interesados no mundo dos videoxogos, tamén poden acceder a libros, gravacións de audio e vídeos neste portal. Podedes visitar Internet Archive a través da seguinte ligazón.

Juan Sanmartín
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *