Actualidade Xa podes xogar o Diablo orixinal no teu navegador web

Xa podes xogar o Diablo orixinal no teu navegador web

A vella escola está de volta. Grazas a un proxecto conxunto entre varios programadores, poderemos disfrutar do clásico de 1996, Diablo, no navegador. A orixe desta idea provén de GitHub, unha plataforma que permite a conexión entre informáticos de todo o mundo para elaborar código novo, crear novas ideas e construir software en conxunto.

Todo comezou o ano pasado, co nacemento do proxecto denominado Devilution liderado polo membro chamado GalaXyHaXz. O respecto cara a obra orixinal foi absoluto en todo momento, tal e como se recolle nas súas declaracións na propia páxina: «Co fin de garantir que todo se conserve, Devilution mantén todo tal e como se deseñou orixinalmente». A imitación chegou até tal punto que os erros de programación orixinais manteránse nesta versión.

Volta a un clásico, agora de xeito máis doado.

Unha vez que o código estivo preparado, un grupo de modders chamado Rivsoft logrou levar Diablo até os navegadores dos nosos ordenadores. Polo de agora pódese xogar á sección na que non facía falta ter o CD insertado, e ademais permite o acceso as dúas primeiras partes do alxube escollendo a clase guerreira.

O proceso é moi sinxelo. Nesta ligazón podes descargar o código fonte de Devilution, para posteriormente soltar o programa na propia pantalla para que comece o xogo.

Outro apunte máis, se tes unha copia orixinal de Diablo, podes coller e soltar o arquivo DIABDAT.MPQ dende a propia carpeta para xogar.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.