Actualidade Xbox anuncia a primeira quenda de obras que chegan ao Game Pass en agosto

Xbox anuncia a primeira quenda de obras que chegan ao Game Pass en agosto

Novo mes, novos títulos que desembarcan no Game Pass de Xbox. A cousa promete, pois neste primeiros quince días obras como Hades, e Skate farán a súa aparición no servizo. E si, non o esquezamos, o Microsoft Solitaire Collection.

O día 5 deste mes, mañá, serán engadidos Curse of the Dead Gods, Dodgeball Academia, Katamari Damacy Reroll e Lumines Remastered, os catro estarán dispoñibles en Xbox, Xbox Cloud e PC. O mesmo día tamén chegará o primeiro Skate (en consolas), Skate 3 (para a nube) e Starmancer (para PC).

O 12 será a quenda de Art of Rally (PC e nube) e do aclamado, con razón, Hades, que se estreará en consolas Xbox (e PlayStation, aínda que pagando o seu prezo total). Por último, o día 17, chegará o Microsoft Solitarie Collection para PC.

Por outra banda, o día 10 tamén aparecerán unha serie de xogos de condución de Codemasters, que agora forma parte de Electronic Arts e entrarían no Game Pass a través do EA Play se tes unha subscrición Game Pass Ultimate. Os títulos son: Dirt 4, Dirt Rally, Dirt Rally 2.0, F1 2020 e Grid.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.