Actualidade Xbox Game Pass incrementará o seu prezo en PC a partir de setembro

Xbox Game Pass incrementará o seu prezo en PC a partir de setembro

Microsoft moveu ficha de cara a chegada da nova xeración de consolas cunha serie de propostas relacionadas co acceso aos seus servizos. Un dos máis importantes é Xbox Game Pass, cuxo prezo habitual de 3,99 euros ao mes verase incrementado a partir do 17 de setembro.

Este cambio tan só afectará á plataforma de PC, xa que Game Pass abandonará a súa fase beta para establecer, probablemente, un prezo similar ao de consolas. Todos aqueles usuarios que xa dispoñan dunha conta activa cuxa data de vencemento sexa máis tarde que o 17 de setembro seguirán pagando o prazo acordado, aínda que a partir de outubro a tarifa cambiará.

Esta subida xustifícase debido á integración de EA Play en Xbox Game Pass Ultimate e en PC. Iso si, a oferta do primeiro mes de uso do servizo por un euro mantense para poder gozar dos máis de 100 xogos dispoñíbeis no catálogo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.