Xbox levará na mochila do E3 ata 14 títulos de estudios internos

Phil Spencer móstrase pletórico a uns días da maior feira de videoxogos do mundo. Entusiasmado coa idea de non ter que competir con Sony, o seu obxectivo é obvio: ser a mellor conferencia do evento. Hai algo evidente no seu discurso, e é que Microsoft irá con todo.
Just finishing our final E3 rehearsal here with the team in Redmond. Feel really good about the briefing. Lots to show. We have 14 Xbox Game Studios games in the show this year, more first party games than we've ever had in the show. Fun times. #XboxE3
— Phil Spencer (@XboxP3) May 30, 2019
«Estamos a acabar o noso último ensaio para o E3 aquí nas nosas oficinas de Redmond», dita Phil Spencer na súa Twitter, ante a preparación da conferencia máis longa da historia da súa marca, nada menos que 120 minutos, dúas horas de anuncios. «Sentímonoss realmente contentos co que levamos. Temos moito que ensinar. Temos 14 videoxogos de Xbox Game Studios para mostrar este ano, máis xogos que nunca dos nosos estudos internos. Avecíñase moita diversión».
Microsoft, e por extensión Xbox, teñen a oportunidade de recrearse ao figurar como a principal consola de sobremesa da feira. Un feito que os americanos non queren pasar por alto e agardan deixar coa boca aberta a máis dun. Tras unha xeración difícil, Xbox busca reinventarse en base a nomes e posibilidades futuras, e parece que este E3 será un antes e un despois para a marca verde.