Xbox ofrecerá novas sobre a next-gen cada mes

Xbox ofrecerá novas sobre a next-gen cada mes

Nada parece poder frear a Microsoft perante a chegada da nova xeración de consolas, nin sequera a crise do coronavirus fixo efecto nos seus plans a medio prazo. A finais de ano, Xbox Series X aterrará no mercado, pero antes iremos recibindo noticias e máis detalles sobre esta nova liña de consolas. Polo momento, este mesmo xoves, 7 de maio, ás 17 horas, a compañía de Redmond ofrecerá o primeiro Inside Xbox dedicado aos xogos de a  next-gen.

Sexa como for e a expensas do que ocorra esta semana, a marca Xbox prometeu que desde agora ofrecerá novidades en forma de retransmisión cada mes, coa idea de «interactuar, conectar e celebrar convosco todo aquilo que está en camiño coa nova xeración de xogos, incluídas as novidades de Xbox Series X, Xbox Game Studios, Xbox Game Pass e Project xCloud». Todo isto sucederá a través do seu portal de noticias en Xbox Wire.

Sábese que ademais de Assassin’s Creed Valhalla, este xoves podeeranse ver novos xogos que empregarán as funcións de Smart Delivery, e todos os xogos que se mostren estarán optimizados para a nova xeración de máquinas.

Doutra banda, Microsoft tamén confirmou que o Xbox 20/20 de xullo centrarase nos títulos de Xbox Game Studios, as obras first-party que os equipos de seu están a crear de forma exclusiva para a marca. E si, contarase coa presenza de Halo Infinite, que sairá a finais de 2020, como un título de saída para a consola.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados