Xbox One X e Xbox One S All-Digital Edition cesan a súa produción
Xbox Series X achégase e Microsoft vai poñendo non un punto final no ensaio que é a súa marca de consolas, pero si un punto e aparte. A compañía americana vén de explicarlle á revista tecnolóxica The Verge que non continuará fabricando modelos Xbox One X e Xbox One S All Digital Edition.
Trátase dunha decisión directamente relacionada coa produción de Xbox Series X. É este o final de Xbox One? Para nada. Microsoft continuará fabricando a versión Xbox One S, polo que seguirá sendo unha compra máis que posíbel para todo aquel que queira mercar unha. De igual maneira, o cesamento da produción dun produto non significa a súa extinción inmediata, é máis que probable que existan miles de One X e All Digital en almacéns e tendas de todo o globo, aínda que unha vez estas se esgoten, non será posíbel pedir máis.
Continuando co xa dito, seguro que veremos a Xbox One S na carta das tendas por bastante tempo. Se miramos ao pasado, a Xbox 360 continuou a súa produción até o ano 2016, 3 anos despois de debutar a primeira Xbox One, que vería tamén o seu final no 2017, dandolles paso aos modelos máis modernos.