Xbox Scarlett presumirá de framerate alén das melloras gráficas

Project Scarlett fará a súa aparición durante o Nadal do vindeiro ano. Será o momento no que a nova xeración de consolas vexa a luz. Polo camiño de seguro que iremos coñecendo multitude de novos datos e informacións. Polo momento, Microsoft non ofreceu unha información tan cristalina e material como fixo PlayStation 5 cos seus mandos con tencología háptica, pero si ofreceu pistas.
Aaron Greenberg, director xeral da división Xbox, explicou nunhas declaracións recollidas pola Revista Oficial Xbox que a nova consola non só supoñerá un reforzo e unha mellora gráfica, senón que tamén se percibirá unha enorme evolución no número de imaxes por segundo.
O executivo explica que na nova máquina os xogadores poderán xogar a 4K, pero que tamén serán capaces de facelo a 120 fotogramas por segundo. As declaracións non son unha sorpresa, xa que, relativamente, o exposto por Greenberg correspóndese co que a tecnoloxía pode ofrecer e co que o público agarda á hora de falar de cambio xeracional.
De seguro chegarán detalles máis contundentes por parte da compañía americana, de xeito probábel, antes de que remate o ano decidan ofrecer máis información sobre Scarlett e o resto de proxectos de Microsoft, sobre todo após o éxito do seu Game Pass. Doutra banda, o director recoñeceu que tanto Obsidian Entertainment como Ninja Theory están xa traballando en proxectos exclusivos de relevancia para o futuro.