Actualidade Xbox Series X :: As reservas para a consola esgótanse en varias tendas en minutos

Xbox Series X :: As reservas para a consola esgótanse en varias tendas en minutos

Se PlayStation 5 triunfou o día que abría reservas, Xbox repite fazaña. Este 22 de setembro abrironse as portas para poder ir confirmando decisións e compras. Microsoft faino após anunciar onte que se facía con Bethesda, unha das editoras e desenvolvedoras máis coñecidas da industria.

Os interesados na nova xeración responderon: as reservas de Xbox Series X e S esgotáronse nalgunhas tendas nuns poucos minutos ou chegarán ao límite nas próximas horas. En GAME España, por exemplo, o modelo máis caro e potente xa se atopa esgotado. En Amazon ocorre o mesmo. No Corte Inglés semella que aínda pode mercar calquera dos modelos.

En Reino Unido o éxito aínda foi máis rotundo e veloz, pois as reservas de Series X duraron menos de 20 minutos en Amazon UK. Seguindo a estúpida tradición de poñer estes produtos en eBay, algúns usuarios puxeron na revenda por 600 libras ou máis os modelos que conseguiron reservar. Non desesperes, Microsoft xa avisou que haberá máis stock.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.