Actualidade Xenoblade Chronicles 3, a sorpresa que Nintendo tiña gardada para este 2022

Xenoblade Chronicles 3, a sorpresa que Nintendo tiña gardada para este 2022

A Gran N anunciou o desenvolvemento —e lanzamento— de Xenoblade Chronicles 3, a derradeira sorpresa durante o seu último Nintendo Direct. Estará dispoñible ao longo do mes de setembro deste 2022.

O nuevo título desta saga foi presentado a través dun adianto en vídeo bastante interesante e longo, que semella amosar as capacidades técnicas de Switch ao límite e algunhas das mecánicas desta nuevo aventura; nada sobre os seus combates, mais si sobre a súa exploración. Segundo parece e seguindo a nota de prensa compartida polo estudio responsable do seu desenvolvemento, este nuevo mundo «conectará o futuro de Xenoblade Chronicles e Xenoblade Chronicles 2», e durante o xogo asumiremos os roles de Noah e Mio nun contexto de disputa entre as nacións rivais de Keves e Agnus.

Na web oficial de Nintendo foi publicado un comunicado de Tetsuya Takahashi, fundador de MONOLITHSOFT e director do xogo, onde insta os xogadores a reflexionaren sobre a escena final do tráiler e imaxinala entre o o final de Xenoblade Chronicles e o inicio da segunda entrega. Tamén explica que non só será estimulante para os veteranos na franquía, senón que de igual forma «resultará entretido» para aqueles que cheguen á serie por vez primeira.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.