Xenoblade Chronicles 3 adianta a súa saída a finais de xullo

Podería parecer imposíbel, pero non… unha nova que fala de adiantos e non atrasos. Xenoblade Chronicles 3 pasa a súa data de lanzamento de setembro a xullo, polo que poderemos pasar un verán coa nova obra de Monolith Soft nas mans e na consola.
Dispoñíbel en exclusiva para nintendo Switch, a partir do 29 de xullo viviremos a historia de Noah e Mio, dúas personaxes que se ven dentro da guerra entre dúas nacións: Keves e Agnus. Por suposto, acabaremos tendo un equipo con máis xente que irán aparecendo no noso camiño.
Se queres lembrar un pouco como é esta nova aventura, aquí queda o tráiler: