Yuka Kitamura será a compositora da banda sonora de Elden Ring

Yuka Kitamura será a compositora da banda sonora de Elden Ring

Anunciado no pasado E3 2019, Elden Ring promete ser un dos grandes títulos para finalizar esta xeración de consolas. E non é para menos, xa que a combinación entre George R. R. Martin, creador de Canción de Xeo e Lume, e Hidetaka Miyazaki augura grandes éxitos para From Software. Hai unhas horas puidemos saber que unha nova integrante e popular integrante entra en escena: Yuka Kitamura, compositora da banda sonora do xogo.

As súas referencias son realmente brillantes. Participou noutras obras da compañía nipoa como Bloodborne, Dark Souls II, Dark Souls III e tamén no recente Xogo do Ano do 2019, Sekiro: Shadows Die Twice. Foi a mesma artista a que confesou a noticia en Twitter, polo que os seguidores de Elden Ring poden agardar que o título terá unha música á altura.

Porén, aínda descoñecemos cando poderemos gozar non só das súas pezas musicais, senón do propio xogo. Sen data de lanzamento, tan só sabemos que chegará para PC, PS4 e Xbox One. Contará con amplos escenarios, similares á saga Souls, para explorarmos o mundo a cabalo. A experiencia basearase en dous piares fundamentais: o combate e o deseño dos seus mapas.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados