Yuppie Psycho: Executive Edition chegará a PC e Nintendo Switch cargado de contido
Yuppie Psycho: Executive Edition é o nome da nova versión do título con raíces galegas. Así o confirmou a conta en Twitter de Baroque Decay, o estudio responsábel da creación de El Conde Lucanor. Lanzado en 2019 para PC, esta edición chegará tamén a Nintendo Switch.
Entre as melloras máis destacadas para o xogo atópanse tres horas a maiores de contido, con novas zonas, xefes e finais por descubrir. Os usuarios de PC recibirán esta actualización de forma totalmente gratuíta o vindeiro 29 de outubro, data de lanzamento de Yuppie Psycho: Executive Edition.
Podedes ler a nosa análise do xogo orixinal a través desta ligazón.
Yuppie Psycho – Executive Edition!
🎃October 29🎃 @Steam & #NintendoSwitchOvertime work! (°ㅂ°╬)
🕹️More than 2 hours of new content
👹Three New Endings
👁️??? New MisteriosPreorder now on Switch!https://t.co/lCuCPMkN7ypic.twitter.com/F2qMyJR9Lr
— 🎃Spooky Psycho🧛♂️ (@baroquedecay) October 8, 2020