Microsoft detalla as especificacións técnicas de Xbox Series X
Perante unha Sony impertérrita, Microsoft quere seguir ofrecendo información sobre a máquina coa que asaltará a nova xeración de consolas prevista para finais de ano. Xbox Series detallou todas as súas especificacións técnicas, o que case pecha o círculo de coñecemento sobre todo o que podemos saber dela. Na práctica, agora só faltaría por coñecermos o prezo. Presumirá de tres conceptos: potencia, velocidade e compatibilidade.
A través de dunha extensa reportaxe publicada en Xbox Wire, Xbos Series X materialízase xa nunha realidade coñecida e concreta. «En xeracións pasadas, a potencia definiuse, principalmente, pola innovación nos gráficos: unha transición de gráficos de 8 a 16 bits, de 2D a 3D, de SD a HD e, por último, a 4K», sinálase na entrada.
«Malia que Xbox Series X ofrecerá un incremento inmenso no desempeño da GPU e continuará redefinindo a evolución do último en gráficos con novas capacidades como o trazado de raios acelerado por hardware», explica Jason Ronald, director de xestión de produtos de Xbox Series X. «Cremos que esta xeración non estará definida simplemente polos gráficos ou a resolución»
Baixo lupa
CPU | 8 núcleos @ 3.8 GHz (3.66 GHz w/ SMT) CPU Custom Zen 2 personalizado |
Tarxeta gráfica | 12 TFLOPS, 52 CUs a 1.825 GHz RDNA 2 GPU personalizado |
Tamaño de pastilla | 360.45 mm2 |
Procesador | 7nm mejorado |
Memoria | 16 GB GDDR6 w/ 320mb bus |
Ancho de banda de memoria | 10GB @ 560 GB/s, 6GB @ 336 GB/s |
Almacenamento interno | SSD NVME personalizada de 1 TB |
Rendemento I/O | 2.4 GB/s (Raw), 4.8 GB/s (Comprimido con bloque de decompresión de hardware personalizado) |
Almacenamento expandíbel | Tarxeta de expansión de 1 TB (coincide perfectamente co almacenamento interno) |
Almacenamento externo | Soporte USB 3.2 HDD externo |
Unidad óptica | Unidade de Blu-Ray 4K UHD |
Obxectivo de rendemiento | 4K @ 60 FPS, ata 120 FPS |
A nova consola promete poder executar catro xogos distintos de forma simultánea. Tamén conterá un novo codificador de vídeo seis veces máis veloz que o usado nos servidores de xCloud. Doutra banda, os deseñadores encomiaron o sinxelo que é traballar coa súa arquitectura, podendo mellorar os gráficos de Gears 5 en só dúas semanas.
Tamén se menciona que Epic traballou para adaptar o seu Unreal Engine 4 á nova consola, ademais da presenza natural da tecnoloxía ray tracing, xa confirmada anteriormente. Se queres comprobar como se mellorarán os tempos de carga respecto das anteriores máquinas, a continuación podes comprobalo. A diferenza é… notable, como mínimo.