Actualidade Football Manager e Watch Dogs 2, sen pagar un peso na Epic Games Store

Football Manager e Watch Dogs 2, sen pagar un peso na Epic Games Store

Como cada xoves, a Epic Games Store ofrece novos xogos a custo cero. En teoría, era a quenda en solitario de Stick it to the Man, pero semella que os responsables da plataforma decidiron cambiar de idea e ofrecer dous xogos bastante máis coñecidos polo público en xeral.

Football Manager 2020 é o primeiro deles, e estará dispoñible de maneira gratuíta até o 24 de setembro. Inclúe a posibilidade de xogo cruzado con Steam para que os usuarios poidan competir entre si independentemente de en que sistema teñan o xogo.

Tamén está dispoñible para a súa descarga Watch Dogs 2, a segunda entrega da saga creada por Ubisoft. Tendo en conta que pronto estaremos a xogar Watch Dogs Legion, quizais sexa un bo momento para lembrar unha continuación que logrou superar por moito á obra orixinal.

Sexa como for, hai tres xogos na EGS polo prezo de ningún. Para a semana, xa anunciado, estará dispoñible RollerCoaster Tycoon 3 Complete Edition.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.