As II Xornadas Mulleres detrás dos Videoxogos xa están aquí
Por segundo ano consecutivo, a Universidade da Coruña pon a súa mirada sobre o videoxogo en clave feminina. Tomamos ou control? As mulleres detrás dos videoxogos busca ser un espello, un escaparate, no que reflectir algunhas das achegas máis importantes á industria e a historia do videoxogo a través de diversas charlas, relatorios e unha exposición virtual.
Trátase dun evento ambicioso, dividido en seis xornadas. Desde o 2 e até o 9 de outubro sucederanse entrevistas, comentarios, exposicións e mesas redondas; propostas adaptadas aos tempos que corren, onde as restricións traídas polo coronavirus son unha constante. A continuación podes ler o programa completo, que poderás seguir en liña e ao vivo. Para máis información, así como para seguir as xornadas e os seus eventos día a día, podes visitar a páxina web oficial.
Venres, 2 de outubro
16:30h. Inauguración
17:00h. “As aportacións das mulleres ás tecnoloxías dixitais” Cecilia Castaño.
18:30h. Conversa con Jane McGonigal.
Lunes, 5 de outubro
Inauguración exposición virtual. Mulleres e videoxogos. Pioneiras.
Martes, 6 de outubro
Eurídice Cabañes. Presentación en vídeo.
Miércoles, 7 de outubo
Susana Broullón. Presentación en vídeo.
Jueves, 8 de outubro
Eva Cid. Presentación en vídeo.
Viernes, 9 de outubro