O Maker Faire deste 2021 tamén pon o ollo nos videoxogos

O Maker Faire deste 2021 tamén pon o ollo nos videoxogos

Un ano máis a Semana Maker de Galicia celebrarase na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, concretamente no Edificio Museo Gaías, mais do mesmo xeito que a edición 2020 a participación de todos os participantes asistentes non será de forma física, senón dixital. Avalados polo éxito da anterior edición, cento por cento en liña, os responsábeis do evento decidiron repetir o formato, que derivou nunha audiencia global.

Malia que o programa aínda non está pechado ao completo, si se sabe que o evento incluirá unha xornada sobre videoxogos o día 3 de xuño (a cita desenvolverase entre o 2 e o 6 do mesmo mes).

As xornadas profesionais configúranse por sectores específicos, onde poderán ser visualizados «relatorios inspiradores e aplicacións tecnolóxicas», indican desde a organización. Durante a súa realización tamén se sucederán as habituais competicións de proxectos, cuxos premios se entregarán coincidindo con clausúraa das xornadas.

Dentro das xornadas educativas, os videoxogos tamén o seu espazo a través da gamificación, amais de obradoiros e presentacións.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.