Actualidade A licenza Dungeons & Dragons terá un novo RPG de mundo aberto

A licenza Dungeons & Dragons terá un novo RPG de mundo aberto

O universo de Dragóns e Alxubesfoi explotado na industria do videoxogo máis dunha vez, e bo exemplo disto é a saga Baldur’s Gate. Hoxe, Hidden Path Entertainment acaba de rebelar que está detrás do desenvolvemento dun novo título. Aínda buscan xente para o proxecto, polo que quizais queira achegar o teu CV.

Os creadores de Defense Grid 2 publicaron unha mensaxe a través de Twitter no que explican que están xa dando forma a esta obra triplo A e que contará con licenza D&D para crearen un RPG de fantasía en terceira persoa de mundo aberto.

Sexa como for, non hai máis detalles nin imaxes sobre o proxecto. Haberá de agardar.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.