Actualidade PlayStation 5 alcanza as 7,8 millóns de unidades vendidas e supera a estrea de PS4

PlayStation 5 alcanza as 7,8 millóns de unidades vendidas e supera a estrea de PS4

Sony xa pode presumir, coas cifras anotadas nos papeis, de PlayStation 5. O lanzamento da nova xeración, a pesar dos problemas de abastecemento a nivel usuario, foi un éxito. Así o sinalan os resultados financeiros da compañía, nos que figuran 7,8 millóns de unidades vendidas da nova consola ata o 31 de marzo de 2021. En cinco meses, a máquina branca ha vendido 200 mil unidades máis que o seu modelo anterior, que quedou en 7,6 millóns no mesmo tramo temporal.

En termos xerais, Sony asinou un ano brillante para a súa división de videoxogos con 20.204 millóns de euros en ingresos, un aumento do 35 % anual, e que o analista Daniel Ahmad calificou como «o mellor ano para Sony na súa división de Xogos e Servizos».

Máis cifras

En total, foron vendidos 338,9 millóns de videoxogos para PS4 e PS5 entre abril de 2020 e marzo de 2021, incluíndo copias dixitais e físicas, sendo as primeiras o 65 % do total. De todos os títulos vendidos, 58,4 millóns son obras first party.

Así, e cos datos sobre a mesa, PlayStation 4 xa é a consola que máis títulos vendeu en toda a historia, con 1.577 millóns de obras, superando os 1.573 millóns de PS2. O cuarto modelo, por certo, vendeu 115,9 millóns de unidades desde 2013.

Doutra banda, PlayStation Plus segue captando o interese dos donos dunha máquina de Sony. O servizo de subscrición de Sony aumenta a súa cifra de clientes desde os 41,5 millóns ata os 47,6 deste ano fiscal. O número de usuarios activos en PlayStation Network, pola contra, descendeu até os 109 millóns, respecto aos 114 de 2020.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.