Actualidade Gran Turismo 7 contará con máis de 90 circuítos e 420 coches

Gran Turismo 7 contará con máis de 90 circuítos e 420 coches

Yodobashi Camera, cadea de electrónica xaponesa, filtrou un folleto informativo sobre Gran Turismo 7 no que aparecen reveladas algunhas características —ou cifras— descoñecidas até o de agora. O título de PlayStation contará con 90 circuítos «con clima e paisaxes realistas» e con «máis de 420 modelos de automóbiles da máis alta calidade » —ata hoxe só eran coñecidos 250—.

Ademais, o folleto tamén indica que volverá o Modo GT, modo no que poderemos «gozar de varios eventos como a compra, a venda e a posta a punto de coches e carreiras», segundo reza a información filtrada.

O título de condución segue programado para acender motores no ano 2022, o 4 de marzo, despois de ver atrasado o seu lanzamento por problemas relacionados coa Covid, segundo relatou Jim Ryan, director executivo de Sony. En xuño sóubose que God of War: Ragnarök e Gran Turismo 7, dúas pedras angulares da nova xeración, serían interxeracionais para non deixar abandonados os xogadores de PS4.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.