Actualidade Sony e Microsoft unen forzas e loitarán xuntos polo xogo na nube

Sony e Microsoft unen forzas e loitarán xuntos polo xogo na nube

O inimigo do meu inimigo é o meu amigo. Un devandito popular que se torna totalmente real cando falamos de rivalidades comerciais. Sony e Microsoft veñen de anunciar unha colaboración histórica na súa aposta polo xogo na nube como resposta á ameaza monetaria que supón Stadia, a plataforma de xogo en streaming de Google.

As dúas empresas asinaron un acordo para traballar unidas e sacar o máximo partido a este tipo de plataforma dixital. «As dúas compañías explorarán o desenvolvemento conxunto de futuras solucións de nube en Microsoft Azure para apoiar os seus respectivos servizos de xogo e retransmisión de contidos. Adicionalmente, ambas explorarán o uso das solucións actuais de retransmisión de contido de Microsoft Azure para os xogos e servizos de Sony. Ao traballar xuntos as compañías queren levar experiencias de entretemento melloradas para os seus clientes de todo o mundo», indica o comunicado oficial.

Na actualidade, tanto Sony como Microsoft contan con plataformas de xogo na nube como  PlayStation Now, recentemente estreada nas nosas terras, ou Project xCloud, que quere levar os videoxogos de Xbox One mesmo a dispositivos móbiles.

Os CEO de cada compañía deixaron tamén algunhas declaracións. Satya Nadella, de Microsoft, explica que esta alianza levará o poder de Azure e o seu sistema de intelixencia artificial a Sony co fin de ofrecer aos consumidores novas experiencias de entretemento; mentres que Kenichiro Yoshida, de Sony, afirma que a súa misión é evolucionar e perfeccionar a marca PlayStation cunha contorna que garanta as mellores experiencias.

Yoshida y Nadella posan tras a sinatura do acordo de colaboración.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.