Actualidade The Outer Worlds estará dispoñíbel de saída no Xbox Game Pass de PC

The Outer Worlds estará dispoñíbel de saída no Xbox Game Pass de PC

Microsoft fixo oficial a listaxe de videoxogos que chegarán ao Xbox Game Pass de PC este outubro.

Destaca, por tratarse dun lanzamento puro, The Outer Worlds, o RPG de Obsidian que busca ser o sucesor máis próximo a Fallout: New Veigas.

Tamén chegarán Minit, F1 2018, Saints Row IV, State of Mind e 4X Stellaris. As súas aparicións na plataforma iranse producindo ao longo do mes, aínda que The Outer Worlds si conta con data exacta, o día da súa aterraxe en tendas, o 25 de outubro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.