Actualidade Persona 5 Royal aterrará en Occidente en marzo

Persona 5 Royal aterrará en Occidente en marzo

«Por fin!», dirán os seareiros desta exitosa franquía. Atlus vén de fixar a data de lanzamento de Persona 5 Royal en Occidente para o 31 de marzo de 2020. Será exclusivo de PlayStation 4, do mesmo xeito que obra original.

Esta versión expandida do JRPG incluirá un novo semestre de clase, a Kasumi Yoshizawa como novo personaxe xogábel e a función My Palace, amais doutras novedades. Doutra banda, o lanzamento inclúe todos os DLC do xogo orixinal de balde, mais tamén contará con contenidos extra de seu.

A Occidente chegará unha versión física e outra dixital, incluíndo unha Phantom Thieves Edition cunha réplica da máscara de Joker, un libro de arte, a banda sonora e máis elementos. A compañía responsábel da súa distribución lembrou que Persona 5 xa despachou máis de 3,2 millón de unidades en todo o mundo, namentres esta versión suma xa 400.000 copias no Xapón.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.