A editorial Héroes de Papel tamén distribuirá bandas sonoras de videoxogos

A editorial Héroes de Papel tamén distribuirá bandas sonoras de videoxogos

Referentes da lectura á hora de falar de videoxogos no noso territorio, a editorial Héroes de Papel quere probar sorte tamén coas bandas sonoras orixinais. Onte anunciaron un acordo comercial coa discográfica xaponesa  Wayô Records para distribuír copias físicas dalgunhas das licencias que teñen no seu haber. Polo momento, xa se confirmaron os dous primeiros nomes: as dúas entregas de Ni No Kuni (para PS3 e PS4) e Streets of Rage (Mega Drive e Sega Génesis).

A nova foi anunciada pola propia editorial a través das súas redes sociais, confirmando ademais que ambos discos están xa dispoñibles na súa tenda en liña, a un prezo de 24 euros todas elas. Non se trata só de xuntar nun soporte físico as cancións destes videoxogos, a edición que distribúe Héroes de Papel virá acompañada dun libreto a cor, con máis de vinte páxinas por disco. Proximamente, anunciarán máis bandas sonoras. Non descartan a opción de que algunha delas chegue no resucitado formato do vinilo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados