A expansión de Top Gun para Microsoft Flight Simulator xa conta con data

Asobo acaba de poñer data ao lanzamento da expansión de Top Gun: Maverick para Microsoft Flight Simulator.
Por se andas algo perdida, cómpre lembrar que Top Gun: Maverick é a continuación da cinta clásica Top Gun, de 1986 —xa é clásica, non?— e verá a luz a finais de maio.
Ao mesmo tempo que isto sucede, con apenas un día de diferencia, os seus avións tamén chegará até o simulador de Microsoft. Será un engadido de balde.
O contido foi anunciado hai algúns meses, no Xbox and Bethesda Showcase de novembro do 2021, pero como a película foi adiada, o DLC sufriu as mesmas consecuencias.