Actualidade A Plague Tale: Innocence, xa dispoñible para PS4, Xbox One e PC

A Plague Tale: Innocence, xa dispoñible para PS4, Xbox One e PC

Desenvolto para PlayStation 4, Xbox One e PC, por Asobo Studio, chega ás tendas A Plague Tale: Innocence. Unha aventura que toma como punto de partida un escenario máis que orixinal, con mecánicas de xogo que se mesturan con fases de acción, aventura e sixilo. Unha escura e crúa viaxe pola unha Francia medieval arrasada pola guerra e na que centos de miles de ratas campan ás súas anchas.

A Infeste Talle: Innocence relata unha sombría e emocional historia, cunha combinación de acción e aventura, a través dos ollos de Amicia De Rune e o seu irmán pequeno Hugo. Xuntos buscarán sobrevivir á guerra e á peste negra. Perseguidos pola Inquisición semella que os elementos naturais e humanos uníronse para caer sobre esta parella de irmáns.

A prensa internacional recibiu moi positivamente ao título de Asobo Studio, que ao longo dos últimos meses conseguiu facer unha excelente campaña mediática. Os diferentes críticos e analistas destacan a potencia da súa historia, a súa intelixente partición en episodios narrativos e a súa excelente ambientación.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.