Actualidade As II Xornadas Mulleres detrás dos Videoxogos xa están aquí

As II Xornadas Mulleres detrás dos Videoxogos xa están aquí

Por segundo ano consecutivo, a Universidade da Coruña pon a súa mirada sobre o videoxogo en clave feminina. Tomamos ou control? As mulleres detrás dos videoxogos busca ser un espello, un escaparate, no que reflectir algunhas das achegas máis importantes á industria e a historia do videoxogo a través de diversas charlas, relatorios e unha exposición virtual.

Trátase dun evento ambicioso, dividido en seis xornadas. Desde o 2 e até o 9 de outubro sucederanse entrevistas, comentarios, exposicións e mesas redondas; propostas adaptadas aos tempos que corren, onde as restricións traídas polo coronavirus son unha constante. A continuación podes ler o programa completo, que poderás seguir en liña e ao vivo. Para máis información, así como para seguir as xornadas e os seus eventos día a día, podes visitar a páxina web oficial.

Venres, 2 de outubro

16:30h. Inauguración

17:00h. “As aportacións das mulleres ás tecnoloxías dixitais” Cecilia Castaño.

18:30h. Conversa con Jane McGonigal.

Lunes, 5 de outubro

Inauguración exposición virtual. Mulleres e videoxogos. Pioneiras.

Martes, 6 de outubro

Eurídice Cabañes. Presentación en vídeo.

Miércoles, 7 de outubo

Susana Broullón. Presentación en vídeo.

Jueves, 8 de outubro

Eva Cid. Presentación en vídeo.

Viernes, 9 de outubro
13:00. Mesa redonda. Dhaunae De Vir e Carla Bolaños.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.