Actualidade Decenas de demos poden ser probadas no novo Steam Game Festival de outono

Decenas de demos poden ser probadas no novo Steam Game Festival de outono

Terceira edición que inaugura Valve do Steam Game Festival: Edición de Outono. Unha ocasión única na que multitude de estudios publican as demos dos seus títulos en desenvolvemento para que os xogadores poidan probalos.

Xogos como Party Animals, Ghostrunner ou Superliminal atópanse dispoñíbeis para gozalos. Podes ver a lista completa de obras a través desta ligazón.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.