Actualidade Detroit: Become Human anuncia os seus requisitos mínimos en PC

Detroit: Become Human anuncia os seus requisitos mínimos en PC

Epic presumirá de ser a primeira plataforma dixital para PC en contar con Detroit: Become Human tras ser exclusivo de PlayStation 4. Co tempo chegará a outras tendas pero será a dos creadores de Fortnite na que se estreará coa súa nova versión. Quantic Dream xa non será unha xoia só de Sony.

Ao longo das últimas horas, fixéronse públicos os requisitos, tanto mínimos como recomendados, que deberemos ter para poder sacarlle o mellor rendemento ao que fora ata agora un título só de PS4.

Requisitos mínimos:

  • Sistema operativo: Windows 7 64 bits.
  • CPU: Intel i5-2400 a 3.4GHz ou equivalente
  • RAM: 4GB
  • GPU: Nvidia GTX 660 ou equivalente con 2GB de VRAM
  • API: Vulkan

Requisitos recomendados:

  • Sistema operativo: Windows 10 64 bits
  • CPU: Intel i7-2700K ou equivalente
  • RAM: 12GB
  • GPU: Nvidia GTX 1080 ou equivalente con 8GB de VRAM
  • API: Vulkan

É destacable que Detroit: Become Human usará a API gráfica Vulkan no canto de DirectX, de Microsoft. Sendo este o proxecto máis recente e complexo do estudo ata hoxe, non sería estraño supoñer que Heavy Rain e Beyond: Dúas Almas requirirán de menor potencia gráfica.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *