Earthblade, dos creadores de Celeste, promete unha viaxe entre píxeles e belas melodías

Celeste é xa unha obra de culto dentro do videoxogo. Creado por Extremely OK Games, o título emocionou e cativou a medio mundo no 2018, chegando a optar ao galardón máis ambicioso dos Game Awards daquel ano, o GOTY. Agora, os seus responsables, anunciaron a nova aventura que teñen entre mans: chámase Earthblade.
Definido como un xogo de exploración e acción en 2D con estética pixel-art, o futuro título do estudio non ten data de lanzamento, nin aproximada nin exacta, pero si deu a coñecer o seu logotipo e parte das súas melodías.
Earthblade 🌷 Vibe reveal! (🔊sound on!)
A 2D explor-action game in a seamless pixel art world. The next release from the Celeste team, coming 20XX. pic.twitter.com/ceAM80PEaG— Extremely OK Games (@exok_games) April 19, 2021
Como se pode escoitar no vídeo que acompaña o chío, a música está realizada por Lena Raine, mentres que o logo e o poster son traballo de Pedro Medeiros.
«Probablemente pasará un tempo antes de que teñas máis información sobre Earthblade. Cando por fin o moestremos, ten coidado de afastar os teus pés dos animais e os nenos pequenos, e prepárate para que o teu calzado salga despedido dos teus pés. Mentres tanto, xa coñeces o ambiente xeneral», explica a desenvolvedora Maddy Thorson. «Estou moi emocionada con este proxecto. Podo velo todo na miña cabeza. Non perfectamente, xa que a maioría dos detalles están aínda bastante borrosos na miña imaxe mental, e estou segura de que moitas cousas cambiarán polo camiño. Pero podo ver a forma xeral do proxecto e síntome moi ben con respecto ao seu desenvolvemento»