La nueva expansión de Warframe lleva por título Angels of the Zariman
Digital Extremes acaba de anunciar oficialmente a próxima expansión de Warframe. Leva por nome Angels of the Zariman, mais aínda non ten data de lanzamento. Cando sairá? Din os seus responsábeis que «pronto».
O estudio canadense comenta que coa actualización 31.5 chegará unha nova historia, un par de novos modos de xogo e algún que outro detalle que explicarán nas vindeiras semanas. Porén, antes será publicada a actualización 31.1, titulada Echoes of War.
Warframe, está dispoñible en PlayStation 5, Xbox Series X/S, PlayStation 4, Xbox One, Nintendo Switch e PC, e xa van case dez anos desde o seu lanzamento. É un dos F2P máis exitosos do mundo, con máis de cincuenta millóns de contas rexistradas, amais de ser un dos títulos máis xogados en Steam.