Fall Guys acada a cifra dos 20 millóns de xogadores logo de se converter en free-to-play

Fall Guys é free-to-play, podes telo sen pagar un peso, e iso, como non podía ser doutro xeito, está facendo que reviva. Polo momento, o pasar a ser un xogo de balde ya lle deu a posibilidade de acadar os 20 millóns de xogadores, marcando un fito dentro da industria do videoxogo.
Cómpre lembrar que Fall Guys chegou a ser o xogo máis descargado da historia de PlayStation Plus aló polo agosto do ano 2020, intre no que se o título de Mediatonic estaba a arrasar en medioo mundo grazas á súa fresca e divertida proposta, moi accesíbel para todo tipo de xogadores e xogadoras.
MASSIVE THANK YOU TO ALL WHO HAVE STUMBLED
We reached an incredible 20 million players in the first 48 hours of Free For All! 🙌
…see you this weekend my beans! pic.twitter.com/uCUN8Kx5wt
— Fall Guys… FREE FOR ALL! 👑 (@FallGuysGame) June 25, 2022
É certo que o xogo está a experimentar algúns problemas de rede estes días, e mesmo algunhas críticas de usuarios que non están moi aló coa nova suba de niveis; ora ben, a cabalo regalado non se lle mira o dente —que si se lle mira, pero vaia, tempo ao tempo—.