Actualidade Fíltrase un vídeo de trinta minutos de gameplay de Assassin’s Creed Valhalla

Fíltrase un vídeo de trinta minutos de gameplay de Assassin’s Creed Valhalla

O vindeiro 12 de xullo ás 21 horas, Ubisoft celebrará o seu propio evento, o Ubisoft Forward, que contará coa presenza de títulos como Watch Dogs Legion ou Assassin’s Creed Valhalla, entre outros proxectos. Este último sufriu a filtración dun vídeo de trinta minutos no que podemos ver todo aquilo que nos agarda no título que chegará a esta xeración e á que aterrará a finais de ano.

Aínda que o amosado semella ser unha versión aínda en desenvolvemento, si que se poden comprobar as mecánicas clásicas da saga como a exploración e o combate. Na nova entrega da franquía percorreremos o norte de Europa durante a época dos viquingos no século IX. Encarnaremos a Eivor-ya sexa home ou mulle, protagoinista que terá de dar peche a algunhas das tramas máis importantes da serie.

Desde Noruega até Inglaterra, as batallas históricas, saqueos de campamentos e outras actividades poderán ser realizadas navegando nos clásicos barcos deste pobo guerreiro. Mesmo poderemos personalizar o noso veleiro, o cal amplía a aposta polo rol que viviu Assassin´s Creed durante os seus últimos títulos.

A continuación podías ver o vídeo, mais xa foi eliminado a petición de Ubisoft. É posíbel atopalo en redes sociais.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.