Frostpunk recibirá tres novos DLC integrados nun pase de tempada

O título de xestión e supervivencia de 11 bit studios recibiu hoxe o seu novo pase de tempada, estreando un novo capítulo na súa historias: As Fosas.
Frostpunk, que é a seguinte obra creada polos polacos após This War of Mine, contará con tres novos DLC que se integrarán neste pase, aínda que tamén poderán ser adquiridos por separado polos xogadores. Con estas expansións chegarán novas mecánicas e construcións, ademais dun mapa especial para o modo infinito.
Despois das Fosas aterrará no derradeiro trimestre deste ano O último outono, que describirá o comezo de era glaciar na que se sitúa o xogo. Ao longo do 2020 lanzarase Proxecto TVADGYCGKR, do que aínda non hai información dispoñíbel.
Se andas na procura dun título de xestión pero que esixa sacrificios en forma de horripilantes decisións, estás perante unha opción sobresaliente. Ademais de estar xa en PC, 11 bit studios puxo o 11 de outubro como o día no que o seu xogo tamén chegará a PS4 e Xbox One.