Actualidade Biomutant mostra o seu vasto mundo nun novo adianto e despexa dúbidas

Biomutant mostra o seu vasto mundo nun novo adianto e despexa dúbidas

Falta moi pouco para que Biomutant vexa a luz. O xogo de THQ Nordic e Experiment 101 padeceu un desenvolvemento complicado, con diversos atrasos, á vez que se convertía para o público nunha estraña peza xeradora de interese e atención. Quizais isto non sexa un problema, mais paga a pena lembrar que se trata dun dobre A, creado grazas ao traballo dun equipo bastante pequeno —menos de 20 traballadores—, polo que as expectativas xeradas deberían ser contidas ou contextualizadas.

En fin. O xogo chegará este 25 de maio, para PS4, Xbox One e PC —non hai parche de nova xeración polo momento— e presume de mundo a través do gameplay máis extenso que amosaron ata esta data, con máis de seis minutos de acción e exploración. Os seus creadores falan de Biomutant como un xogo de acción e RPG de mundo aberto, con elementos tomados de grandes títulos como Zelda, Ratchet & Clank, Devil May Cry ou Batman. Si, unha mestura curiosa, pero que se deixa ver bastante ben nos seus adiantos.

O novo gameplay está cargado de explicacións sobre a creación do personaxe e o reparto de atributos, amais de mostrar parte dun mapa cunhas dimensións totais de 64 quilómetros cadrados. Tamén coñecemos as seis tribos que habitan esta paraxe fantástica, cada unha  estilo de combate e personaxe crave de seu, tres relacionadas coa luz e outras tres, coa escuridade.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.