Actualidade Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×01)

Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×01)

Volvemos coller o micrófono! Regresamos a esa Gruta de Gizamaluke que teremos cada semana e damos comezo unha nova tempada chea de videoxogos, actualidade e conversas.

Xa sabes, todos os domingos que queiras, terás unha cita connosco. Charlie, Sara, Ana e Juan, os de sempre.

De que falamos hoxe?

  • Sección de novas, cun repaso á actualidade máis inmediata do videoxogo.
  • Análises de Man of Medan e Blair Witch, un paseo polo terror saído hai nada do forno.
  • A que estamos a xogar? Impresións dos títulos cos que perdemos o tempo estes días e outras historias.
  • Presta ou rosma, unha nova sección onde opinamos sobre os últimos movementos da industria. Hoxe, sobre o Nintendo Direct, entre outras cousas.

Podes escoitar o programa nas seguintes opcións:

  • Descargalo no noso Patreon —sempre estará os venres, dous días antes—
  • Escoitalo en Ivoox
  • Escoitalo en Spotify
  • Escoitalo en iTunes —pendente de aprobación por Apple—

O novo xogo sobre a bruxa de Blair é un dos títulos dos que falamos neste programa.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.