Actualidade GoNNER e Offworld Trading Company, de balde na Epic Games Store

GoNNER e Offworld Trading Company, de balde na Epic Games Store

Epic Games Store segue coa súa dinámica semanal de ofrecer agasallos en forma de videoxogos. GoNNer e Offworld Trading Company son as dúas novas obras que podes descargar gratis da tenda dos creadores de Fortnite por un prezo de cero euros.

É o primeiro un divertido plataformas roguelike lanzado no ano 2016, namentres o segundo defínese como un título de estratexia en tempo real (RTS) no que deberemos loitar pola colonización e control de Marte.

Mutazione, Anodyne 2: Return to Dust e A Short Hike son os próximos xogos da promoción. Tres polo prezo de ningún.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.