Marin Gaming Fest :: Unha cita para amantes do medio en Marín

Marín converterase tentará ser a vila dos videoxogos os días 6 e 7 de novembro coa celebración do I Marín Gaming Fest, un evento nacido da iniciativa do Concello de Marín, e que contará coa asociación de videoxogos pontevedresa Gaming Troop como organizadora da cita.
Durante esa fin de semana, no Pavillón da Raña, de 11 a 21 horas, poderemos gozar en Marín de catro torneos dos videoxogos: Super Smash Bros Ultimate (sábado 11h), Fortnite (sábado 16h), League of Legends (domingo 11h) e FIFA 21 (domingo 16h). Podes formalizar as inscricións, premendo nesta mesma liña. Ora ben, quedan poucas prazas dispoñíbeis
Todos os torneos son gratuítos, sen límite de idade e todos contan cun premio en metálico. Ademais, o sábado, os asistentes poderán probar durante todo o día a experiencia da simulación de carreiras grazas ao setup que traerá ao Pavillón da Raña a empresa RaceSIM Technologies. Os xogos de mesa, que terán o seu propio espazo o domingo, veñen da man da asociación Tempus Ludit, para que calquera poda botar unhas partidas e descubrir novos xogos cos que pasar a tarde.
O cosplay tamén terá un espazo de seu o domingo coa charla “Iniciación ao cosplay e estilización de perrucas”, que ofrecerá Luscofusco Cosplay ás 12 horas, amais do concurso de cosplay que será celebrado ás 17 horas, cun primeiro premio de 150 euros.